A Asociación Cultural O Castro dos Mouros nace coa filosofía de acercar todo tipo de accións ó ámbito rural da provincia de Ourense, accións de tipo cultural , deportivo, artístico, asesoramento, formación xeral e cursos específicos, tanto presenciais como Online.
A relación da cultura co coñecemento e formación tanto presencial como online aporta novas perspectivas no ámbito da convivencia, axuda a consecución de logros persoais e comunitarios.
Formación e Cultura para todos é o noso lema. Creemos nesto, non só como un proceso de carácter asociativo senon como unha experiencia vital que temos que levar a cabo entre todos: veciñanza, institucións, diferentes asociación. Sempre coa máxima implicación e participación de todos e deste xeito poder crecer, crear conciencia de pobo e comunidade; coa intención de revalorizar e sacar adiante proxectos e accións no rural.
Galicia é unha comunidade onde as vilas seguen sufrindo despoboamento por falta de iniciativas e de coordinación asociacional-comunitaria, ainda que existen verdadeiros defensores do rural, o proceso asociativo está vinculado a Asociacións de carácter veciñal. Desde a Asociación Cultural O Castro dos Mouros queremos ser un lazo entre estas Asociacións e os profesionais cos que contamos para os nosos proxectos e así evitar o estancamento no rural.
Esta Asociación creóuse coa axuda de profesionais de prestixioso recoñecemento no ámbito da dinamización comunitaria, da cultura e da formación desde as súas bases, pero sobretodo xente que ama o rural, e que, coa súa axuda queremos aportar o noso grao de area para que os que hoxe son novos poidan ter una relación co rural que lles permita vivir satisfactoriamente e os non tan novos poidan seguir disfrutando con e para o rural, polo que…
PARTICIPA-ÚNETE.
